Portal de tu Ciudad Alta

14/05/2015

Final da Champions League feminina en pantalla xigante

📍 Sala Eisenman da Cidade da Cultura, Santiago

🎟️ De valde

Todos os que desexen vivir en directo a final feminina da Uefa Women’s Champions League, que enfronta ao FFC Frankfurt e o Paris Saint-Germain hoxe, a partir das 18:00 horas, poderán na sala Eisenman da Cidade da Cultura, onde se instalará unha pantalla xigante.

Este evento ten un significado especial este ano, xa que a santiaguesa Verónica Boquete loitará xunto co seu equipo, o FFC Frankfurt, para alzarse co título europeo.

As portas abriranse en torno ás 17:00 horas e a entrada será de balde, para que os veciños e veciñas de Santiago poidan apoiar, dende a distancia, á futbolista compostelá na súa segunda final de Champions.