30/05/2015
Encontro de persoas coa síndrome de Down
📍 Politécnico de Santiago
O sábado 30 de maio, no C.I.F.P. Politécnico de Santiago, celebraremos o encontro de persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual, familias e técnicos de entidades Down en Galicia.
O obxectivo principal é o de facilitar un espazo informal no que as persoas con discapacidade e as súas familias poidan intercambiar experiencias, coñecerse mellor e poñer en común inquedanzas, preocupacións, soños e logros. Neste sentido, serán as propias persoas con discapacidade a as súas familias as que teñan o protagonismo do encontro e desempeñen un papel activo no mesmo.
A xornada comeza cunha intervención do profesor da Universidade de Salamanca, Agustín Huete, que será o encargado de introducir o tema “Inquedanzas, retos e demandas das persoas coa síndrome de Down e as súas familias no conxunto do estado español”.
Posteriormente, o investigador Rafael de la Torre presentará o estudo sobre a epigalocatequina galato (EGCG), unha substancia presente no té verde que mellora a capacidade cognitiva das persoas coa síndrome de Down.
Na sesión de tarde, familias e persoas coa síndrome de Down das sete entidades Down en Galicia exporán as súas propias preocupacións e experiencias, co fin de intercambiar coñecementos e desafíos comúns. E para finalizar, o foco de atención será a actividade realizada nas entidades Down.
Programa