Portal de tu Ciudad Alta

29/06/2015 – 03/07/2015

Campus do Celta

📍 Milladoiro

O campus de verán da Fundación Celta de Vigo desenvolverase entre o 29 de xuño e o 3 de xullo no campo municipal do Milladoiro. Este evento deportivo realizarase de luns a venres, en horario de 10:00 a 14:00 horas, excepto o venres 3 de xullo, que os rapaces e rapazas comerán no campo e pola tarde haberá unha festa.

Todos os días os participantes disporán dun pequeno almorzo composto por un bocadillo, froita, auga e bebidas isotónicas. A cada neno/as que participe neste actividade entregáraselle un equipamento oficial de marca ADIDAS, que estará composto por uns calcetíns, un pantalón e unha camiseta.

As clases serán impartidas por adestradores titulados e licenciados na disciplina do Real Club Celta de Vigo. O obxectivo é o ensino e o perfeccionamento de tódolos conceptos relacionados co fútbol e o deporte.

O prezo xeral deste campus é de 130 euros.

Para inscribirse haberá que cubrir a ficha de inscrición que se pode obter na sección de AVISOS da páxina web do Concello de Ames (www.concellodeamers.org) ou na web da Fundación Celta de Vigo (www.fundacioncelta.com).

Unha vez cuberto o impreso de inscrición haberá que envialo por correo electrónico ao enderezo info@fundacioncelta.com. No caso de que o pagamento se realice mediante transferencia bancaria haberá que enviar o xustificante de ingreso a este mesmo enderezo de correo electrónico.