Portal de tu Ciudad Alta

05/06/2015 – 30/09/2015

Casa da Troia

📍 Rúa da Troia, 5, 15704 Santiago

O Museo Casa da Troia volve abrir as súas portas durante o verán, dende este venres día 5 e ata finais de setembro. Ao longo do mes de xuño e ata mediados de xullo poderá visitarse os venres e os sábados; os venres en horario de 11:00 a 14:00 horas polas mañás e de 16:00 a 22:00 horas polas tardes e os sábados de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas. O resto do verán o museo abrirá no seu horario habitual.

Ofrécense percorridos guiados en galego, castelán ou inglés pola antiga pensión de estudantes que inmortalizou Alejandro Pérez Lugín na súa célebre novela de 1915. E tamén se manterán as xa habituais visitas dramatizadas, de xeito que revivirá a figura de Dona Generosa, a patroa da vella pensión estudantil. No mes de xuño e ata mediados de xullo estas visitas teatralizadas terán lugar os venres ás 11:00 e ás 21:30 horas e os sábados ás 11:00 horas. Poden concertarse visitas para grupos chamando ao teléfono do Museo: 981 585 159.