Portal de tu Ciudad Alta

11/06/2015

A Jigsaw, dúo de Coimbra

📍 Fundación SGAE

🎟️ 5 euros

A Jigsaw, dúo de Coímbra,  presenta o seu último traballo, ‘No True Magic’, hoxe 11 de xuño dentro do ciclo Compostela Rock. Será na Fundación SGAE ás 21.00h. As entradas poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18.00 a 21.00 h), no teléfono 902 434 443 ou na web entradas.abanca.com. Teñen un prezo de 5 euros anticipada e 7 euros o día do concerto.

A revista francesa Les Inrockuptibles afirmaba en 2012 que A Jigsaw era unha banda á que era obrigado seguir. En 2014 esta revista sitúaa á altura de Tom Waits e Leonard Cohen e advirte que non se perda de vista ao dúo de Coímbra. E non é para menos: despois de tres anos e tras a edición do seu derradeiro traballo de estudio, os multi-instrumentistas Jorri e João Rui presentan o seu novo álbum NO TRUE MAGIC.

As raíces continúan sendo o folk, o blues, a literatura e un concepto: a inmortalidade. Despois da perda da inocencia e da creación da identidade, A Jigsaw agora fainos referencia a aceptar os termos da nosa mortalidade.

TRUE MAGIC foi composto e gravado no Blue House Studio (Coímbra) por A Jigsaw e mesturado e masterizado por João P. Miranda no Attack-Release Studio (Portalegre). Jorri e  João Rui asumiron unha vez máis a produción deste traballo xunto á execución musical dos case 20 instrumentos diferentes que se utilizaron.