Portal de tu Ciudad Alta

14/03/2010

Danza espectacular cos Cosacos do Don

📍 Auditorio de Galicia Avda. do Burgo das Nacións, s/n.

🎟️ 26 euros.

Horario : 18:30

Un ballet con oitenta compoñentes que funde lenda e tradición coa máis depurada calidade artística nunha actuación espectacular. Atención ao cambio de hora: a actuación será ás 18.30 h

Con sede en Rostov do Don (Rusia), a compañía foi fundada en 1936, co obxectivo de preservar e difundir a cultura dos cosacos. A compañía está integrada por artistas que cantan, bailan, tocan instrumentos tradicionais e portan a extraordinaria riqueza dos vestidos e uniformes cosacos.

Cosacos do Don é unha agrupación recoñecida por miles de espectadores de diversas xeracións e países, xa que de maneira continua, desde hai varias décadas, efectúa extensas xiras mundiais, nas que percorreron os Estados Unidos, Canadá, Corea do Sur, Francia, España, Alemaña, Bélxica, Italia, Brasil e Turquía.