Portal de tu Ciudad Alta

17/03/2010

Concerto dos Jazzeros Inoxidables

📍 Pub Borriquita de Belém San Paio, 22

Horario: 22:45

Concerto deste trío galego nacido coa intención de investigar nas sonoridades que noutrora popularizaron músicos como Wes Montgomery ou Jimmy Smith, a través da habitual combinación de guitarra, hammond e batería.

David Regueiro, guitarra
Iago Mouriño, órgano Hammond
Noli Torres, batería

Tomando como base esta formación de trío tan usual no estilo como pouco coñecida polo gran público, o grupo parte das raíces do jazz e do funk para evolucionar cara sons, rítmicas e estruturas máis contemporáneas, creando unha amalgama estilística onde o experimental conflúe coa tradición e onde a improvisación é o eixo central dun mecanismo baseado na interacción dos seus músicos...