Portal de tu Ciudad Alta

18/03/2010

'Dirty Dancing' na Fonoteca

📍 Fonoteca Universitaria Facultade de Ciencias da Información. Avda. Castelao s/n.

Horario: 18:00

Un fime musical dos 80 que acadou gran popularidade e que agora se pode ver no ciclo dedicado ao xénero pola Fonoteca Universitaria.

Dirty Dancing, Estados Unidos, 1997
Xénero e duración: Musical. 97'
Dirección: Emile Ardolino
Guión: Eleanor Bergstein
Música: John Morris e varios
Fotografía: Jeffrey Jur
Intérpretes: Patrick Swayze, Jennifer Grey, Jerry Orbach, Cynthia Rhodes, Jack Weston, Jane Bruckner

Johnny Castleé un experto profesor de baile e un amante consumado. Baby Houseman é unha aburrida e inocente adolescente de 17 anos. Durante o transcurso dun verán, nun balneario para clases acomodadas, o encontro entre ambos causará máis dun receo, por mor das súas distintas orixes sociais. Entre ambos media un abismo que se acorta cando soa a música e os seus corpos se abrazan.