Portal de tu Ciudad Alta

18/03/2010

Som do Galpóm en directo

📍 Casa das Crechas Vía Sacra, 3.

🎟️ 3€

Horario: 22:30

Un estilo único que vai do funk ao reggae, que flirtea co rap… pero que non casa con nada. Un quinteto, individualmente orixinal e mestura global, que vén coas baterías cargadas de festa e, sobre todo, con ganas de difundir un discurso propio: a volta á inocencia e á naturalidade, nesta era das máquinas…

Gael de Esteban, vo
Brais de Esteban, violín e coros
Xurxo García, guitarra clásica e eléctrica
Alejandro Castro, baixo e coros
Aitor García, batería

No 2009 Som do Galpóm sacou o seu primeiro disco ao mercado. Chámase Em Terra de Ninguém, e constitúe todo un exercicio de reflexión sobre os tempos que corren: a sociedade do consumo, a desnaturalización e a perda dos recursos humáns e sociais máis básicos. Un gran traballo de debut que conta co garante da produción na Casa de Tolos, o estudo de Segundo Grandío, e o deseño e a edición de Falcatruada.

As letras están rapeadas por Gael de Esteban, herdeiro da tradición galega de cantantes reivindicativos, un frontman que move a orquestra do Galpóm como ninguén. Palabras que veñen aderezadas por unha potente base rítmica, baixos e bombos contundentes, unha guitarra que engraxa as cancións e o acompañamento do violín, que introduce unha pauta diferente. Som do Galpóm leva a festa consigo: un concerto é sinónimo dunha nova oportunidade de pasalo ben, de bailar, de cantar, de disfrutar no máis amplo sentido da palabra. A súa música lembrarache a bandas como Macaco, Rapsuklei, á fusión de Ojos de Brujo ou Che Sudaka, mesmo ten certas reminiscencias de Amparanoia ou La Kinky Beat.