19/03/2010
Sol Picó presenta 'El llac de les mosques'
📍 Teatro Principal Rúa Nova, 21.
Horario : 21:00
O ciclo SCQ Danza trae ao Teatro Principal á compañía da recoñecida bailarina e coreógrafa alacantina Sol Picó. Danza contemporánea en mestizaxe con outros xéneros.
Que lle aconteceu á bela Blancanieves cando casou co seu príncipe azul? Meteuse en palacio e entroulle a depresión, nin adaptarse, nin aceptarse, nin decidir. Que fácil gañar o mundo e perder a alma. Apareceron engurras e desapareceu a felicidade. Que tempos aqueles con os ananos! Mellor non te mires ao espello, nin lle fagas preguntas. Reinventarse ou morrer e se hai que morrer que sexa en paz. Amén.
Así presenta a compañía Sol Picó o seu último espectáculo, El llac de les mosques. Sol Picó creou a compañía en 1994. A súa técnica madurada alía forza, precisión e dinamismo, apoiando o trato orgánico das súas creacións. Constantemente dinamizadas polo humor, as súas obras selan un estilo propio sen concesións nin manual de instrucións.