20/03/2010
A Requinta da Laxeira presenta 'Vai de baranda'
📍 Teatro Principal Rúa Nova, 21.
Horario: 21:00
A Requinta da Laxeira é un grupo de música tradicional dedicado á recuperación da requinta, un instrumento de vento propio da zona do Ulla. No Principal presentan o seu disco Vai de baranda.
Ao longo do acto soarán os temas do novo disco. O repertorio componse de 'música de requinta', recollida aos vellos requinteiros e pezas nas que incorporan voces. Tamén poderán verse proxeccións sobre a historia da requinta.
O grupo levou xa a súa música por escenarios de toda Galicia, ademais de actuar en puntos diversos da península e países como Francia, Arxentina e Alemaña.