24/03/2010 – 25/03/2010
Shakespeare para ignorantes
📍 Teatro Principal Rúa Nova, 21.
🎟️ 7€ en patio de butacas, platea e 1º andar; 5€ en 2º andar e 3€ en anfiteatro.
Horario: 21:00
Quico Cadaval e Mofa e Befa mesturan nun mesmo espectáculo os conceptos de "ignorancia" (falta de ciencia ou de noticias sobre un asunto particular ou xeral) e "Sakespeare" (creador e produtor teatral de gran éxito no século XVII).
Autores: Shakespeare e outros
Dirección: Quico Cadaval
Escenografía: Mofa e Befa
Música: Thomas Morley, John Wilson, Francis Cutting, Anonymous
Iluminación: Baltasar Patiño
Vestiario: Mofa e Befa
Elenco: Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira, Quico Cadaval
Mofa e Befa irrompen nunha académica conferencia sobre o famoso autor para poñer en primeiro plano as escenas máis ignoradas, por desidia ou falta de oportunidades, polo público actual. O riso máis cruel, as intimidades máis vergoñentas, os actos máis deshonestos e as vilanías máis astutas serán mostradas pola despiadada máquina cómica de Mofa e Befa.
Asasinos, xuíces, bufóns, cornudos, delatores, racistas, oportunistas, chulos, torturadores, todos os personaxes que nunca teñen o protagonismo terán agora a sorte de mostrarse no primeiro plano. O astuto e intelixente público de Mofa e Befa poderá tirar valiosos recursos para resolver os problemas da súa vida privada, laboral ou pública.