Portal de tu Ciudad Alta

26/03/2010

WöYzA en concerto

📍 Sala Capitol Rúa Concepción Arenal, 5

🎟️ 6 euros. Entradas á venda en Gong Discos Santiago e Tenda A Reixa

Horario: 22:30

WöYzA é unha das artistas máis sorprendentes do panorama musical galego. Desde o Morrazo ofrece unha voz moi persoal coa que se move entre o hip-hop, o soul e o r&b.

Nacida en Moaña en 1984, WöYzA ten raíces uruguaias. Participou en varios grupos de soul e rap ata lanzarse en solitario con 18 anos. Agora presenta en directo o seu disco, Pisando el suelo que ves, producido por El Puto Coke e editado por Licor Kafé Produccións.