27/03/2010
'Casa de Fados' en concerto
📍 Salón Teatro Rúa Nova, 34
🎟️ 10 euros (desconto do 40% para estudantes, xubilados, usuarios do carné xove e desempregados)
Horario: 20:30
'Casa de Fados' é un proxecto que está formado polas voces e instrumentistas máis destacados da escena do fado actual, con vocalistas como Ricardo Ribeiro, Ana Sofía Varela e Pedro Mountinho, entre outros.
Autoría: Carlos Saura, Iván Días e Sergi Almiñana
Dirección: Pedro de Castro
Escenografía e iluminación: Javier Quintanilla
Vestiario: Casa de Fados
Música: Pedro de Castro - Varios Autores
Son: Alfons Almiñana
Elenco: Pedro Castro, José Luis Nobre, Jaime Santos, Joel Pina (músicos) / Carminho, Ricardo Ribeiro,
Vicente da Câmara, Maria da Nazaré, Ana Sofía Varela e Pedro Moutinho (fadistas)
Creado para a película Fados de Carlos Saura, este grupo consolidouse como unha das formacións máis relevantes no fado internacional. O espectáculo pretende imitar o ambiente dunha casa de fado, termo referido a aquel local onde se canta o fado en Lisboa e onde o público rende culto a cantantes e músicos deste xénero. A posta en escena do concerto reproduce igualmente a estética e a visión que o cineasta aragonés pensara para a súa última película que completa una triloxía baseada nas músicas urbanas que
naceron no século XIX en diferentes cidades e que se converteron en músicas universais.
En 'Casa de Fados' actúan diferentes instrumentistas e cantantes, primeiras figuras do fado xunto a novas promesas que se converteron en artistas na vangarda desta música e que son amplamente recoñecidos como herdeiros de figuras como Amália Rodrigues ou Carlo do Carmo. Por primeira vez únense en escena seis fadistas e catro músicos de moi diferentes xeracións.