Portal de tu Ciudad Alta

28/03/2010

Do, re, mi, Mozart xoga aquí, en función familiar

📍 Arteria Noroeste Vista Alegre (Parque de Vista Alegre). Rúa Bispo Pélaez, 7, baixo.

🎟️ 5 euros. 4 euros para estudantes, carné Xove, maiores de 65 anos, persoas desempregadas e socios da SGAE

Horario: 12:30

Nunha tarde de outono Amadeus e Nanerl refúxianse no salón da súa casa, despois de colleren un cesto de verduras para facer unha broma á cociñeira. Mentres están a xogar coas verduras comezan a crear unha historia, e a partir de aí, sucédense diferentes escenas nas que a través dos instrumentos musicais crean aventuras e cadros cómicos que eles mesmo imaxinan e aos que dan vida.

Do, re, mi, Mozart xoga aquí, de Jorge Rey
Compañía: Títeres Cachirulo (Galiza)
Dirección: Jorge Rey
Marionetistas: Carmen Domech, Jorge Rey
Tramoia, luz e son: Carlos Clemente Martinez Gallego
Banda Sonora Alfredo Padilla
Decorados Carmen Domech
Construción das marionetas Títeres Cachirulo

Pasan por escenas de misterio con sombras chinesas, ou por un ballet cómico mentres imaxinan que as notas musicais teñen corpo, ou por persecucións entre unha gatiña e un rato, e crean así unha aventura no retablo de monicreques que lles regalou o seu tío.
A partir de 4 anos