24/07/2015 – 25/07/2015
Festigal 2015
📍 Campus Sur de Santiago de Compostela
O Festigal 2015 chega coas actuacións de Ruxe Ruxe, Sokram, Familia Caamagno, Ibuprofeno Teatro, Superoito, Caxade, Carapaus, o Mago Antón Habelas Hainas e Maianas, ademais do cento de actividades previstas para o 24 e o 25 de xullo no campus sur de Santiago de Compostela no marco do Día da Patria Galega.
Así, haberá máis de 100 actividades en 2 días, con actividades musicais, teatro, presentacións de libros, debates, ideas, coloquios sobre a situación de Galiza e o dereito a decidir, espazo infantil, obradoiros, deporte, artesanía, asociacionismo, entre outras, todas elas gratuítas.
Haberá espazo para acampada na noite do 24 de xullo cun prezo simbólico de 3 euros para o que cómpre inscribirse en info@festi.gal "
As Maianas, que gañaron o concurso "Novos Valores Festigal 2015" serán quen abran esta edición o 24 de xullo ás 22:00 no campus sur.
Seguirán Habelas Hainas, que ofrecerán música tradicional e feminista; Caxade presentará unha mostra da Banda de Música da Bandeira; segue a veterana banda Ruxe Ruxe e pecha a xornada do 24 Sokram co seu disco "Chuvia ácida" que virá con colaboracións.
O Café Concerto do 25 de xullo, iniciarase coa maxia do Mago Antón, despois Isa Risco e Marián Bañobre van dinamizar a festa co espectáculo "O Furancho", para seguir co folk de Carapaus co último disco "Déixao andar"; co rock de Familia Caamagno e con Superoito.