29/03/2010
Obradoiro de animación á lectura 'Debuxando ao Principiño'
📍 CSC Ensanche Frei Rosendo Salvado, 14-16
🎟️ 3€
Horario: 9:00 - 14:00
Un obradoiro de animación á lectura para as vacacións de Semana Santa, dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos. Os rapaces e rapazas reflexionarán sobre as ensinanzas de O Principiño e tentarán expresar o aprendido plasticamente a través de diferentes técnicas.
Entre todos os participantes no obradoiro irán debuxando o conto ata facer un novo libro ilustrado da obra de Antoine de Saint Exupéry. O traballo realizado será exposto ao público durante a semana cultural.
O Principiño é unha metáfora da vida. A historia comeza cunha crítica sarcástica ás cousas importantes da vida e os adultos, a como se condiciona aos nenos e se lles conduce polo "camiño correcto". Estas críticas van salpicando o libro ao longo da narración.