Portal de tu Ciudad Alta

11/09/2015 – 28/09/2015

O valor do tempo

📍 Sala Plataforma14, Forum Metropolitano

A sala Plataforma14 do Fórum Metropolitano unha nova exposición vinculada coa escultura. A mostra O valor do tempo ten coma obxectivo revalorizar a produción do obxeto único e dos procesos de creación
artesanal a través de diferentes acabados e procesos de creación.

O grupo de artistas participantes nesta exposición, que poderá verse ata o 28 de setembro, son Yago
Arias, Natalia Blanco, Brais García, Silvia Kehl, Zoraida Martín, Juan Miranda, Nacho Martínez,
Laura Pazos, Olalla Rodríguez e Pedro Silva.

A Sala Plataforma14, promovida polo Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX), é un
espazo de recente creación destinado a visualizar os proxectos artísticos de artistas emerxentes da
cidade. O recinto, que se atopa no Fórum Metropolitano, pode ser solicitado para exhibicións por
todas aquelas persoas que teñan unha proposta creativa novidosa. Para máis información pode
visitarse a web ww.coruna.es/cmix .