03/10/2015 – 17/10/2015
IV Festival de Cultura Xorda
📍 Centro Ágora, Rúa Ágora
🎟️ Gratuito
Horario:
De 10.00 a 13.30 h. e de 16.00 a 20.15 h.
Requisitos:
Inscrición previa, ata o 9 de outubro.
Ficha de inscrición
Páxina web:
http://www.faxpg.es/index...
Organizada por:
Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG)
Mostra cultural que pretende difundir e promocionar as expresións artísticas propias da Comunidade xorda. Organizado pola Asociación de Persoas Xordas da Coruña (ASPESOR), en colaboración coa Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG).
Este ano o Festival contará cunha exposición permanente de arte, así como conferencias, curtametraxes e actuacións culturais: danza, poesía, cancións, teatro, mimo e curtametraxes.
É unha oportunidade, unha vez máis, de amosar a nosa Cultura Xorda, con artistas xordos de gran talento, que ofrecerán ao público actuacións que expresan a arte e a cultura tal e como o colectivo de persoas xordas sente.
Ademais de persoas xordas galegas, contaremos coa participación de artistas doutras comunidades autónomas e do humor galego de Mucha e Nucha.