15/10/2015
Sarabela Teatro presenta 'Pequenas Certezas'
📍 Teatro Principal de Santiago de Compostela
🎟️ 10 euros
A compañía Sarabela Teatro presenta ‘ Pequenas Certezas’ dentro do ciclo Teatro 2015. Será mañá xoves 15 ás 20.30 h no Teatro Principal. As entradas teñen un prezo de 10 euros e poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18.00 a 21.00 h), en entradas.abanca.com ou no 902 434 443.
A fotógrafa Natalia inicia unha relación amorosa con Mario. Ambos planean marchar a un lugar afastado onde poderán comezar unha nova vida, pero Mario desaparece de xeito inexplicable. Natalia emprende entón, xunto coa súa nai, unha viaxe á cidade natal de Mario. Alí atópase cos seus irmáns, coa noticia dunha fraude e decátase de que ninguén coñecía de todo a Mario.
O enfrontamento entre as familias estala.