15/10/2015
'Os de máis de 60 contamos'
📍 Fundación Galicia Obra Social, Rúa do Vilar 19, Santiago
A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) presenta hoxe, xoves 15 de outubro, o filme Sang Woo y su abuela enmarcado dentro do ciclo de cinema «Os de máis de 60 contamos» que foi programado pola entidade co obxectivo de estender a campaña máis alá do propio Día Internacional das Persoas Maiores.
Dirixida por Lee Jeong-Hyan e interpretada por Eul-boon Kim y Seung-ho Yu, entre outros, este drama familiar xira ao redor da relación entre Sang Woo, un neno de sete anos, e a súa avoa, coa que terá que pasar unha tempada nunha remota aldea do rural afastado de todas as comodidades da cidade. A distancia xeracional e a diferenza de estilos de vida entrarán en conflito para ambos os personaxes que deberán aprender a entenderse e a comunicarse. O filme será de acceso libre e gratuíto e terá lugar ás 20h na Sede Afundación de Santiago de Compostela (Rúa do Vilar, 19).