11/03/2010 – 20/06/2010
Exposición 'María Xosé Díaz, 1980-2010'
📍 Auditorio de Galicia Avda. do Burgo das Nacións, s/n.
🎟️ GRATUITO
O Auditorio de Galicia inaugura esta exposición retrospectiva sobre os trinta anos na arte desta creadora galega. Antonio Garrido Moreno é o comisario dunha mostra ue permanecerá aberta ata o 20 de xuño.
María Xosé Díaz naceu en Catoira en 1949. Cursou estudos de Belas Artes en Barcelona, onde viviu 12 anos. Aínda que a súa formación é pictórica, no seu traballo sempre se manifestou a súa atracción polo volume e o espazo.
Como ela mesma indica na súa web, "Gústame explorar as calidades dos materiais: expresividade, resistencia, posibilidades combinatorias. Atopalos, manipulalos e mesturalos. Harmonizalos en estruturas xeométricas, ás veces estáticas, ás veces móbiles".