Portal de tu Ciudad Alta

05/03/2010 – 04/04/2010

Exposición de Ferreiro Badía

📍 Galería de Arte Contemporánea José Lorenzo Praza do Toural, 9 1º

Ferreiro Badía (A Coruña, 1944) presenta unha exposición moi persoal e creativa despois da súa recente mostra en Nova York. Un estudo sobre a frontalidade escultórica en bronces mecanizados e pedras pulimentadas, ensamblaxes bidimensionais e poliéster.

As fragmentacións orgánicas limitadas por tensas superficies envolventes ou contornos esquemáticos con cor son características das pezas presentadas.

Os materiais empregados en cada obra aportan diversas sensacións; a fortaleza da pedra negra diorita, procedente das proximidades do nacemento do Miño, a pulcritude do bronce mecanizado, a sorpresa dos diferentes cromatismos nas obras bidimensionais ou a tersura dos pratas e azuis eléctricos nas pezas sintéticas, pódense apreciar nesta exposición.

A figuración esquemática tan característica de Ferreiro Badía e a súa abstracción xeométrica quedan plasmadas neste estudo. Trátase de pezas de carácter icónico que requiren unha observación individualizada.