25/02/2010 – 25/03/2010
Lume na Fonte. Antón Lamazares na Domus Nai
📍 Igrexa da Universidade Praza da Universidade, s/n.
O artista lalinense Antón Lamazares trae a súa obra máis recente e inédita de dúas series, ambas relacionadas co fogar dos sentimentos.
A primeira das exposicións é 'Domus Omnia', algo así como casas para sempre. A segunda é 'Fai frío no lume', en homenaxe ao seu pai falecido pero ademáis tamén á outra forma de vida que é a morte. A súa exposición podería ser a casa da morte tanto como a da vida. Por iso resulta impresionante, máis aló do seu valor artístico. O tamaño das pezas concibidas para que caiba o corpo, e polo que teñen de sepultura, sobrecolle.