25/02/2010 – 10/04/2010
MAM (Miguel Ángel Molina)
📍 Galería Trinta Virxe da Cerca, 24.
A exposición achega algúns dos últimos traballos pictóricos de Miguel Ángel Molina: "Durante os últimos anos tentei traballar sobre algo que me preocupaba e que ten que ver coa maneira en que percibimos a pintura. A mesma distancia que nos fixo posible ver as súas imaxes afastounos dela e da súa natureza carnal."
O autor define o seu traballo como o desenvolvemento dunha estética do fracaso. "Naturalmente eu son pintor e toco a pintura. Para min forma parte da miña maneira de entendela, o que de feito en realidade non ocorre co público ao que lle está habitualmente prohibido tocar as obras. Para chegar a este punto debín fracasar deportivamente en numerosas ocasións e iso durante anos" Háptico" é un neoloxismo do francés (haptique), que significa tocar.