Portal de tu Ciudad Alta

18/03/2010 – 30/04/2010

Con A de Astrónomas

Esta mostra permite aos visitantes mergullarse na ciencia da Astronomía. Galaxias, estrelas, planetas, cometas... os obxectos que poboan o Cosmos son os seus protagonistas, como tamén o son as miles de mulleres que investigaron sobre eles.

A exposición fai referencia ás astrónomas, desde Aglaonike, que predicía eclipses de lúa na Grecia clásica, pasando por Caroline Herschel, que no XVIII descubriu cometas e estudou as estrelas binarias, ata as investigadoras que na actualidade son punta de lanza na vangarda desta ciencia.

A exposición, un dos legados do grupo de traballo 'Ella es una astrónoma' do Ano Internacional da Astronomía 2009 continua así a súa itinerancia na súa versión museística tras estar durante tres meses na Casa da Ciencia de Sevilla.

Son en total trece grandes paneis -que estarán dispoñibles en formato dixital (http://www.astronomia2009.es)- e seis módulos interactivos, estes últimos con curioso contido grazas á cesión temporal da produtora Mod Producciones que permitirá que os visitantes contemplen o material orixinal da película Ágora, de Alejandro Amenábar, como estatuas, traxes, atrezzo e, especialmente, reproducións de instrumentos astronómicos.