16/03/2010 – 31/03/2010
Prensa (en)tendida
📍 CSC José Saramago, Vite
Exposición organizada pola Asociación de Prensa de Santiago de Compostela, que quere dar a coñecer ao público a gran cantidade e variedade de publicacións periódicas que se editan na cidade.
Xornais, revistas, anuarios, memorias e boletíns son exemplos das 300 publicacións que conviven en Compostela e que abarcan ámbitos como a cultura, as humanidades, a política, a economía, a ciencia, a investigación ou as novas tecnoloxías.
A través dunha serie de paneis informativos proporcionaranse datos, gráficas e porcentaxes relativas á temática, promotores, tipoloxías, ámbito de distribución ou lingua. Por outra banda, as publicacións colgan nun conxunto de tendales; nunha mesa de pasar o ferro e mesmo en cestos de roupa. Os exemplares estan accesibles para que o público os poida palpar e manexar.