09/12/2015 – 19/12/2015
Xuntos facemos Compostela
📍 Santiago de Compostela
No marco da campaña Xunt@s Facemos Compostela,desenvolveranse dous obradoiros artísticos para integrar e promocionar a interculturalidade nos barrios da cidade, en colaboración con La Taza Lunar.
O primeiro obradoiro artístico leva o nome de "Karibú" e realizarase no CSC de Figueiras o 4 de decembro, no CSC das Fontiñas o vindeiro 11 e no CSC de Vite o 18 de decembro. "Karibú" quere dicir benvida en suajili. O obradoiro quere transmitir a necesidade de darlle a benvida ás persoas migrantes e refuxiadas.
O segundo obradoiro artístico leva por nome "Cara Color" e desenvolverase no CSC de Santa Marta o 11 de decembro ás 11:00 e no CSC de Conxo o 19 de decembro ás 11:30 horas. No obradoiro, dirixido a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos, reflexionarase sobre os procesos migratorios a través da pintura e sobre o que significa ter un "pantone de pel" distinto.
Tamén haberá actividades para os e as adolescentes, que conviven nas aulas con alumnado doutras culturas. Con eles e elas debaterase sobre a migración a través da obra de teatro A viaxe de Ana, na que o colectivo 100Tolas presenta os conflitos persoais que supón para unha muller sen papeis facer a súa vida aquí. A obra estará nos IES de Sar, Eduardo Pondal, Antón Fraguas e Xelmírez II.
A campaña Xunt@s Facemos Compostela finalizará co lado máis humano o vindeiro 14 de decembro na Facultade de Políticas, coa presenza en Compostela da refuxiada afgana Nadia Ghulam, que aportará a perspectiva de xénero a todo este proceso.