11/04/2010
Super8
📍 Salón Teatro Rúa Nova, 34
🎟️ 10 euros (desconto do 40% para estudantes, xubilados, usuarios do carné xove e desempregados)
Horario: 18:00
A compañía luso-galega Voadora, con sede en Santiago de Compostela, coproduciu co Centro Dramático Galego esta peza sobre a memoria. Teatro, música en vivo, danza e maxia únense nun espectáculo onde os intérpretes se debaten entre a obsesión de recordar e a importancia de esquecer.
Autoría: Voadora
Dirección: Marta Pazos
Asistente de dirección: Anabell Gago
Apoio dramaturxia: Roberto Leal
Colaboración dramaturxia: Natalia Outeiro Pajarito e Afonso Castro
Espazo escénico: Sandra Varela
Deseño de luces: Baltasar Patiño
Música orixinal: Hugo Torres e Jose Díaz
Elenco: Jose Díaz, Marta Pazos, Hugo Torres, Uxia P. Vaello e Sergio Zearreta
Se os primeiros amores e os primeiros bicos seguen existindo só porque nós os lembramos, e de feito esta é a súa única existencia, entón todo o vivido vén ser unha novela en fase continua de corrección, un relato permanentemente reescrito. O mundo non existiría sen a memoria, en realidade, só existe a memoria.
Non hai futuro, o presente pasa a ser memoria no instante seguinte, e un dos grandes descubrimentos deste século é o papel transcendental da memoria na configuración da nosa vida. A pegada que deixa no inconsciente unha experiencia individual en forma de recordo insírese no noso hardware. Por iso dicimos que estamos programados para ser únicos, e as nosas decisións van ser o resultado non só da xenética cerebral, senón das pegadas deixadas pola nosa experiencia individual.
A memoria non é tan só un xigantesco almacén, senón un prodixioso disco duro, que nos dota de identidade e nos fai absolutamente únicos. En Super8 cuestiónase o papel da memoria e os seus mecanismos na nosa identidade.
Voadora
Con sede na cidade de Santiago de Compostela, a plataforma de creación Voadora xorde no verán de 2007 da vontade de potenciar a creación artística e o intercambio cultural entre creadores da área lusófona. A compañía pretende crear en cada proxecto un espazo activo de traballo onde os artistas poidan crear, investigar, reflexionar e debater sobre temas de carácter universal buscando nexos comúns xeracionais, estéticos, emocionais e artísticos, avogando por un achegamento -ao que eles se refiren como 'so far so close'- entre Galicia e Portugal.
Voadora acolle propostas que utilizan a multidisciplinariedade de linguaxes e conxugan as diferentes sensibilidades da paisaxe escénica actual. O equipo formado por mozos creadores de diferentes disciplinas artísticas traballa na xestación de proxectos escénicos baseados na experimentación, o xogo e a busca de novas linguaxes.
O seu primeiro espectáculo PeriFeria (2008), acadou o apoio do CDG e da AGADIC, así como unha residencia artística en Novo Ciclo-Teatro Acert de Tondela (Portugal). No ano europeo do diálogo intercultural, a fundación Euro-Mediterranea Anna Lindh escolleu o espectáculo como unha das '1001 Actions for Dialogue'.