23/04/2010 – 24/04/2010
O 'Hotel Paradiso' de Familie Flöz
📍 Salón Teatro Rúa Nova, 34
🎟️ 10 euros (desconto do 40% para estudantes, xubilados, usuarios do carné xove e desempregados)
Horario : 20:30
O grupo internacional de creadores de teatro Familie Flöz trae a Compostela 'Hotel Paradiso', unha mostra do seu particular xénero: teatro mudo de máscaras.
Autoría: Anna Kistel, Sebastian Kautz, Thomas Rascher, Hajo Schüler, Frederick Rohn e Michael Vogel
Dirección e espazo escénico: Michael Vogel
Vestiario: Eliseu R. Weide
Máscaras: Hajo Schüler
Deseño de iluminación: Reinhard Hubert
Luces: Emilio Valenzuela
Deseño de son: Dirk Schröder
Elenco: Anna Kistel, Sebastian Kautz, Thomas Rascher, Frederik Rohn
Cousas moi estrañas acontecen no tradicional Hotel Paradiso, unha pequena empresa familiar que se mantén en pé grazas aos esforzos da súa anciá directora. Unha fonte termal promete aliviar as doenzas de corpo e espírito; sobre a porta de entrada do hotel brillan catro estrelas. Pero neste ceo na terra tamén hai nubes escuras. O fillo soña cun grande amor, mentres batalla encarnizadamente coa súa irmá pola dirección do hotel. A moza encargada do servizo róuballes aos hóspedes, e o cociñeiro non só corta filetes de porco... Cando o primeiro morto aparece, persoal e hóspedes sen excepción vense envoltos nun remuíño de furiosos acontecementos. Entre vertixinosas cadeas montañosas ábrense escuros abismos sen fondo dos que ninguén pode escapar. O destino do hotel parece selado: os cadáveres nunca son bos para o negocio.
A Familie Flöz é un grupo internacional de creadores de teatro: actores, músicos, bailaríns, directores, deseñadores de máscaras e de vestiario, iluminadores, dramaturgos etcétera, de dez nacións diferentes. Trátase dunha gran familia, emocionante e grotesca, que a través dun pozo profundo por primeira vez sae á luz desde o escuro ventre da terra: tal foi a imaxe que fixo famosa á Familie Flöz na escena internacional de teatro en 1996.
Tras esta imaxe, escóndese tamén a autoconsciencia dun grupo en permanente mutación: cada peza, desenvolvida continuamente no marco dun proceso de traballo colectivo, trae á vida un cosmos particular, poboado de figuras e historias que se abriron camiño desde o oculto ata a luz.
Co redescubrimento permanente de centenarias disciplinas como a arte dramática, o xogo de máscaras, a danza, o clown, a 'artistik', a maxia e a improvisación, a Familie Flöz crea sucesos teatrais dunha poesía sen igual. Tras máis de dez anos, a Flöz segue a ser un fenómeno difícil de clasificar e aínda máis difícil de describir. Coas súas pezas mudas que sorprenden a públicos do mundo enteiro logrou crear ao longo do tempo un xénero completamente particular.
A compañía foi galardoada con numerosos premios internacionais de feito é desde hai tempo un dos artigos de exportación máis exitosos do teatro alemán. Tras Ristorante Immortale (1998), Teatro Delusio (2004) e Infinita (2007), todas creacións que continúan percorrendo o mundo con éxito, chega a última produción de Familie Flöz: o Hotel Paradiso abriu as súas portas.