Portal de tu Ciudad Alta

09/05/2010

Benjamin Biolay no ciclo Sons da Diversidade

📍 Auditorio de Galicia Avda. do Burgo das Nacións, s/n.

🎟️ 20 euros, con descontos do 50% para menores de 25 anos e persoas xubiladas.

Horario : 21:00
Entradas: Caixa Galicia

Unha nova cita cos Sons da Divesidade, desta volta co cantante, compositor, letrista, multi-instrumentista, produtor, arranxista e actor francés, que no seu último disco La superbe amosa a cara máis épica e rockeira da chanson.

La Superbe é un dobre disco épico. O cautivador quinto álbum de Benjamin Biolay é unha ópera urbana inspirada por Serge Gainsbourg e Chet Baker que fala de amores novos e de amores perdidos, que conta a historia dunha relación que acaba por non funcionar.

Un traballo feito co máis sereno e delicioso abandono. Unha proposta chea de crescendos dramáticos e refinados arranxos de corda.