Portal de tu Ciudad Alta

20/05/2010

Castanets en 'Vangardas Sonoras'

📍 Aula Sociocultural Caixa Galicia Carreira do Conde, 18.

🎟️ 10 euros.

o grupo indie estadounidense Castanets é a aposta máis arriscada do ciclo 'Vangardas Sonoras'. Chegan a Compostela coa formación completa e un novo álbum debaixo do brazo titulado Texas Rose, The Thaw, and The Beasts.

A contribución de Castanets á música independente sempre se desenvolveu dun modo estraño, experimental e desafiante. Country-rock de bar de carreteira que se volve de repente, en ruído -melódico ou non-. Blues das planicies, folk do camposanto, deixando sempre a sensación de que se quixesen, poderían facer un pop totalmente accesible.

Dende o seu disco debut Cathedral, hai máis de cinco anos, deixaron sen fala á crítica musical máis exixente. Aquelo era algo entre Dylan e… The Swans.