31/03/2010
Divana Ensemble no Festival de Músicas Contemplativas
📍 San Martiño Pinario Praza da Inmaculada
A poesía e a música do Raxasthán chegan ao V Festival de Músicas Contemplativas da man de Divana Ensemble. Intensidade vocal reforzada pola sección rítmica máis innovadora da súa rexión.
Anwar Khan Manghaniyar é un dos músicos máis prometedores
da súa xeración. A súa voz zigzaguea sen cesar entre as tradicións clásicas e populares. Tanto se canta un bhajan, unha canción devota a Krishna, a través da epopea de Mira Bal, a nova princesa que deu a súa vida á encarnación de Vishnu, como se evoca aos orgullosos Banjara, os comerciantes nómades da India, ou canta unha chota gît, como a famosa "Sat Bhayan Ki Ek Behanadly".
Anwar Khan é a imaxe perfecta da nova xeración de cantantes Manghaniyar cuxa vida enteira está dedicada á súa arte. A voz de Bundhu Khan Langa é alta e clara como o cristal, é unha voz Langa. Dá forma a cada pequena porción de poesía cunha tremenda forza emocional.