Portal de tu Ciudad Alta

31/03/2010

'Ceddo' no ciclo Ousmane Sembène

📍 Cineclube de Compostela Rúa Santa Clara, 21

Terceiro filme do ciclo dedicado ao realizador senegalés Ousmane Sembène, un dos creadores máis importantes da literatura e o cine do século XX en África. Ceddo, é un dos seus filmes máis ambiciosos, cunha notable carga de crítica relixiosa.

Ceddo, Senegal, 1977
Xénero e duración: Drama, 120'
Dirección: Ousmane Sembène
Guión: Ousmane Sembéne
Música: Manu Dibango
Fotografía: Georges Caristan
Intérpretes: Tabata Ndiaye, Moustapha Yade, Ismaila Diagne, Matoura Dia, Omar Gueye, Mamadou Dioumé, Nar Modou


O filme usa a historia do secuestro dunha princesa para examinar a contradición entre forzas culturais en loita polo golfo da Guiné: a expansión musulmá, o cristianismo e o tráfico de escravos.

O ceddo, unha clase feudal de xente do común, loita desesperadamente nese escenario por manter os seus costumes e a relixión frente aos cambios que se producen. Aínda que ambientada no século XIX, o transfondo da fita inclúe a filosofía, a épica e a política que atravesan toda África ao longo das dúas últimas centurias.