31/03/2010
Emma Kirkby & London Baroque no Festival de Músicas Contemplativas
📍 Igrexa das Ánimas Ruela de Ánimas
Horario: 22:00
A soprano inglesa Emma Kirkby, especialista en música do Renacemento e do Barroco, únese a un dos grupos de cámara barroco con traxectoria máis notable nun programa dedicado a G. F. Haendel e no que tamén se inclúe unha composición de Corelli.
Nos seus comezos, Emma Kirkby non tiña expectativas de converterse nunha cantante profesional. Como estudante en Oxford, e posteriormente como profesora, cantaba por pracer, sentíndose máis a gusto con repertorios do Renacemento e do Barroco. Uniuse ao Taverner Choir en 1971 e en 1973 comezou a súa longa asociación co Consort of Musicke. Tomou parte nos comezos das gravacións con Decca Florilegium tanto con Consort of Musicke como coa Academy of Ancient Music, nun momento en que poucas sopranos con formación universitaria buscaban un son apropiado para
instrumentos antigos. Polo tanto, tivo que buscar o seu propio enfoque, coa axuda de Jessica Cash e os seus colegas cos que traballou todos estes anos.
Emma sentese privilexiada de ser capaz de crear relacións a longo prazo con grupos de cámara e orquestras, en particular con London Baroque, Freiburger Barochorchester, L´Orfeo (de Linz) e a Orchestra of the Age of Enlightenment, e agora con algún dos grupos máis novos: A Palladian Ensemble e Florilegium.
London Baroque formouse no ano 1978 e goza da posición de ser un dos grupos de cámara barroca coa traxectoria e experiencia máis longas da súa contorna. Está considerado en todo o mundo como un dos mellores expoñentes da música de cámara barroca, e seguen sendo apreciados hoxe en día como o foron fai vinte anos.
London Baroque segue dando concertos vitais e enriquecedores con toda a perfección técnica e madurez musical que o seu público espera sempre. Actuaron nos máis grandes festivais de Europa, con aparicións frecuentes nas TV e radios de todo o mundo, e en xiras por Xapón e os EE.UU. O seu repertorio abarca un período que vai desde finais do século XVI ata Mozart e Haydn, con obras de compositores case descoñecidos xunto a antigas obras mestras clásicas e barrocas.