31/03/2010
Sheikh Taha no Festival de Músicas Contemplativas
📍 Igrexa da Universidade Praza da Universidade, s/n.
Horario: 23:55
Sheikh Taha, un xeque aínda mozo cun modo de vida mística, que vive só nunha pequena zawiya (irmandade), a poucos quilómetros de Luxor, presenta no V Festival de Músicas Contemplativas un recital de cantos sufís do Alto Exipto.
Cando canta, o rostro do xeque Taha resplandece e irradia harmonía. A súa voz segue sendo clara, a pesar de moitas noites sen durmir, compasa as palabras como sacadas doutro Islam. O Islam da rúa, do pobo, das gallabiya e das chichas, o último baluarte islámico da poesía do pobo do Nilo.
O munshid é o último gran personaxe do mundo popular exipcio. É á vez un home de fe, cantante, poeta, actor, profeta e un pequeno meigo. Trátaselle coa deferencia máis exquisita, porque como todo artista en representación, sempre debe dar o mellor de si mesmo.
Sheikh Taha ten a propiedade perfecta do home santo, é amable e cortés (no sentido árabe da palabra adab que significa "comportarse adecuadamente coa súa contorna"). A voz de Sheikh Taha domina e sobrevoa estes efluvios; unha voz que non cesa de renovarse, que se centra principalmente nas emocións, lonxe dos formalismos académicos. A clave reside na capacidade do munshid (cantante relixioso) para comunicar os seus sentimentos a través da procura da saltana (éxtase). O amor místico, o medo ao fracaso, o abandono do corpo, se rende todo ao son dunha voz única.