Portal de tu Ciudad Alta

01/04/2010

Helsinki Baroque Orchestra no Festival de Músicas Contemplativas

📍 San Martiño Pinario Praza da Inmaculada s/n

Horario:20:00

A Helsinki Baroque Orchestra, coa dirección de Aapo Häkinen e Teppo Lampela como contratenor, ofrece o recital Jubilate Domino: O barroco dos países bálticos, no que soará música da segunda parte do S. XVII das zonas bálticas, da colección de Uppsala Düben.

Helsinki Baroque Orchestra, fundada en 1997 está composta por unha nova xeración de músicos finlandeses de moita calidade, que gozan ofrecendo concertos de música antiga con interpretacións moi frescas. O uso de instrumentos de época conxuntamente coa interpretación de antigas obras
mestras, permite á Helsinki Baroque Orchestra descubrir unha forma de comunicarse hoxe en día.

Aapo Häkinen incorpórase como director da Helsinki Baroque Orchestra en 2003. O seu gran traballo dotou á orquestra dun estilo de interpretación moi definido, polo que a converteu nun dos ensembles máis importantes de Finlandia.

A Helsinki Baroque Orchestra ofreceu concertos, entre outros no Wigmore Hall de Londres, ou no Kölner Philharmonie de Köln, así como nos Festivais Helsinki, Vantaa, Sotckholm, Bruges, Bayreuth, Dresden, Palermo, Brezice, Zagreb e Varna. Varios solistas e directores invitados como Enrico Baiano, Patrick Gallois, Reinhard Goebel, Monica Groop, Paul Hillier, Manfredo Kraemer, Riccardo Minasi e Skip Sempé son colaboradores habituais da Helsinki Baroque Orchestra.