01/04/2010
Hilliard Ensemble no Festival de Músicas Contemplativas
📍 Igrexa das Ánimas Ruela de Ánimas
Horario : 22:00
Hilliard Ensemble é considerada unha das mellores agrupacións vocais do mundo, cunha reputación extraordinaria no campo da música antiga e contemporánea. En Compostela presenta o recital In Paradisum: canto francés do século XVII da Misa de Requiem con polifonía, por Vitoria e Palestrina
O seu estilo distintivo e a súa desenvolvida mestría musical captan ao oínte tanto co seu repertorio medieval e renacentista, como cos traballos escritos especialmente para o grupo por compositores vivos. A axenda do grupo é moi activa e variada, podendo chegar ao centenar de concertos ao ano. Ao seu substancial seguimento en Europa, particularmente no Mediterráneo e os países de Europa central, súmanse as súas visitas regulares a Xapón, Estados Unidos e Canadá.
A reputación do grupo como agrupación de música antiga consta desde 1980 e tamén son desa data as súas series de gravacións de gran éxito para EMI. O grupo continua coa súa procura de establecer fortes lazos con compositores vivos, sobre todo no ámbito orquestral. No 2007, o grupo uniu forzas coa Orquestra Filarmónica de Dresden para estrear a obra Nunc Dimittis do compositor ruso Alexander Raskatov, que máis tarde sería gravada para ECM.