Portal de tu Ciudad Alta

01/04/2010

Alim & Fargana Qasimov no Festival de Músicas Contemplativas

📍 Igrexa da Universidade Praza da Universidade, s/n.

Horario: 23:55

Alim Qasimov e a súa filla Fargana ofrecen no V Festival de Músicas Contemplativas un recital de música espiritual de Azerbaixán. Figuran entre os principais representantes do mugham, un xénero musical tradicional caracterizado por un alto grao de improvisación.

Alim Qasimov, naceu en 1957 na pequena vila de Shamakha, a uns 100 k m. de Baku, capital da república de Azerbaiján. Con 11 anos, construíu un laúde de aluminio con unllas e cables eléctricos. Aprobou os exames para a escola Mugham en Baku, onde ademais de estudar o repertorio Mugham de Acerbaixán, tamén estudou as técnicas de cantos e a arte da improvisación. Aos 25 anos gañou o Kjabbar-Qarjaghdioghlu, unha competición de canto. Qasimov continuou buscando novas direccións na interpretación do repertorio Mugham.

"Para ser músico tes que ter un lume dentro de ti", di Qasimov, "telo ou non o tes. Estou convencido que se a mocidade ten esta faísca -chámao inspiración ou lume espiritual- entón poden interpretar calquera tipo de música: pop, folk, ou clásica, calquera que sexa, será sobresaínte".

O talento de Fargana Qasimov (1979) gravita naturalmente ao redor da música que escoitou do seu pai: música clásica de Azerbaixan (mugham) e o repertorio popular de cancións bardicas cantadas por "ashiqs", cantantes e poetas que se poderían considerar como modernos trobadores.

En 1999 Alim Qasimov foi premiado co prestixioso Premio Musical IMC/UNESCO: Alim e Fargana Qasimov son artistas que traballan regularmente con Aga Khan Music Iniciative, actuando regularmente nas máis prestixiosas salas de concertos de todo o mundo e colaborando con artistas tanto da contorna de música popular como de música clásica. Nos últimos anos destaca a súa colaboración con Yo-Yo Ma e o Silk Road Ensemble.