Portal de tu Ciudad Alta

02/04/2010

Parissa no Festival de Músicas Contemplativas

📍 Hostal dos Reis Católicos (Capela do Hostal dos Reis Católicos)

Horario : 20:00

A vocalista iraniana Parissa presenta un recital de música e poesía persa. O repertorio clásico da música persa está formado por pezas que máis que obras en si, son fórmulas modais melódico-rítmicas sobre as que a intérprete improvisa. Por iso, unha mesma peza tocada ata polo mesmo músico nun mesmo concerto será diferente na súa melodía, forma, duración e impacto emocional.


Parissa nace en 1950 en Shahsavar. Traballou a voz co seu pai, quen tivo moita importancia na súa educacion musical. Foi alentada a participar en varios concursos musicais onde atopou ao seu mestre, Mahmood Karimi ensinándolle música Persa (Dastgah, e Radif ) e presentándoa ao Ministerio de Cultura e Arte para actuacións profesionais, cantando en festivais tanto de Iran como do estranxeiro para presentar a tradición musical persa.

En 1973, empeza a traballar no Centro de Conservación e Diseminación da Música fundado e dirixido por Dr. Daryoosh Safvat, e continua dando concertos por toda Europa. Durante estes anos concéntrase na interpretación de antigas cancións populares e tradicionais baixo a dirección do mestre Davami. As súas actuacións neste período tiveron lugar no Festival de Arte de Shiraz, a Television Iraniana, a Universidade de Teheran, Bagh Ferdows Hall, City Theatre, Artes tradicionais asiáticos organizado pola Fundación de Xapón.

Tras a Revolución de 1978-1979, tivo que parar as súas actividades culturais. Con todo, en 1980, o Centro de Conservación e Difusión da Música solicítaa de novo para dar clases de canto persa para mulleres (xa que non se permitía que as mulleres tivesen actividades musicais e sobre todo que cantasen), proposición que acepta, xa que pensa que non a podía rexeitar. Traballa con eles ata 1995, ano en que, por primeira vez desde o principio da Revolución, decide marcharse do seu país para actuar en varios países de Europa, onde foi unanimemente aclamada. Á súa volta, deixa de traballar co Centro de Conservación e Difusión de Música para comezar a impartir clases privadas de música e para poder viaxar e cantar por todo o mundo.