02/04/2010
Il Suonar Parlante no Festival de Músicas Contemplativas
📍 San Martiño Pinario Praza da Inmaculada s/n
Horario : 22:00
O grupo italiano Il Suonar Parlante presenta o programa Lamentos para a Paixón na Alemaña de Bach, no que soarán composicións de músicos xermanos dos séculos XVII e XVIII: J, Rosenmüller, C. Geist, D. Buxtehude, M. Weckmann, H. Bach e o propio J. S. Bach.
Vittorio Ghielmi, director
Graciela Gibelli, soprano
Carlos Mena, contratenor
Fulvio Bettini, baixo
Il Suonar Parlante. Esta expresión, inventada por Nicolo Paganini, refírese a unha técnica de emisión de son especial grazas á cal os instrumentos musicais poden realmente imitar a voz humana. Esta técnica sobreviviu nalgunhas zonas de Europa e de fóra de Europa e é esencial na nova interpretación do noso patrimonio de música antiga.
Desde fai uns anos a colaboración entre destacados solistas, dirixidos por Vittorio Ghielmi na formación de "Il Suonar Parlante", está axudando a revivir a imaxe destes sons, así como un enorme labor en producións artísticas, seminarios, congresos e a xestión dunha colección de documentos ((International Academy of Ancient Music, Milano; Hochschule Weimar; Conservatorio Superiore della Svizzera Italiana etc.).
O ensemble creado por Ghielmi, Il Suonar Parlante, dedícase á investigación do repertorio antigo, e tamén á formación dunha nova realidade musical: colaborou con jazzistas como Kenny Wheeler, Uri Caine, Jim Black, Don Byron, Markus Stockhausen, Ernst Rejiseger, e cantautores como Vinicio Capossela, músico de tradición extraeuropea.