Portal de tu Ciudad Alta

02/04/2010

Monâjât Yultchieva no Festival de Músicas Contemplativas

📍 Igrexa da Universidade Praza da Universidade, s/n.

Horario : 23:55

Monâjât Yultchieva é a cantante máis famosa de Uzbekistán. Co seu amplo rexistro e rica tonalidade, que lle permite interpretar cancións que tradicionalmente estaban reservadas a voces masculinas, recuperou e puxo en valor o patrimonio musical uzbeko relacionado co sufismo.


Monâjât Yultchieva naceu en 1960 nun kolkhoz do Val de Fergana, de pais campesiños. A súa meteórica carreira levouna a dar numerosos recitais en Asia Central e por todo o mundo, incluída Rusia, o Festival de Música Sacra de Fez e en París no Théâtre de la Ville. Considerada como un fada boa que devolveu á vida ás vellas cancións, a cantante máis famosa de Uzbekistán reparte o seu tempo entre concertos e a súa actividade docente no Conservatorio.

O nome de Monâjât Yulchieva, a estrela máis brillante da escena musical clásica contemporánea de Uzbekistán, significa "ascensión a Deus", que reflicte a verdadeira esencia do Sufismo. Tamén representa o concepto sufista do sil-sila, a continuidade da cadea espiritual, como o gardián da tradición musical que lle foi transmitida polo seu murshid (profesor e mentor) espiritual e musical Shavkat Mirzaev. Esta tradición centenaria resistiu toda sorte de presións políticas e culturais. Na actualidade, Shavkat Mirzaev e Monâjât Yulchieva executan con frecuencia os ghazales sufistas de
Alisher Naval, Fisuli, Mashrab, Huvaydo e outros grandes poetas do pasado, cuxos traballos foran silenciados.

Os cantos clásicos uzbekos están próximos á tradición sufista, segundo a cal a música é unha forma de achegarse a Deus, paso a paso, para superar os obstáculos … ata alcanzar o sama, o triunfo da perfección. Monâjât Yulchieva e Shavkat Mizaev interpretan moi a miúdo os ghazales sufistas de Alisher Navai, Fisuli, Mashrab, Huvaydo e outros grandes poetas do pasado, reprobados durante moito tempo. Monâjât encarna a herdanza espiritual do canto clásico. A súa graza austera é o reflexo desta dignidade que forma parte do canto clásico awj e do seu magnífico estilo sobrio. Aínda que esta delicada e complexa música só pode apreciarse totalmente a través do coñecemento das súas implicacións relixiosas, Monâjât Yulchieva axudou a que gañase un seguimento considerable en Uzbekistán e fóra das súas fronteiras.