03/04/2010
Kenneth Weiss pecha o V Festival de Músicas Contemplativas
Horario: 20:00
O estadounidense Kenneth Weiss dirixe un cuarteto de órgano positivo, viola da gama e dúas sopranos no concerto que pecha a quinta edición do Festival de Músicas Contemplativas. Interpretará obras dos compositores barrocos franceses François Couperin, Jean-Henri D'Anglebert e Michel-Richard Delalande, no recital Leçons des Tenébres.
Kenneth Weiss, órgano positivo e dirección
Hasnaa Bennani & Camille Poul, sopranos
Julián Leonard, viola da gamba
Kenneth Weiss naceu en New York onde se graduou no instituto das Artes Escénicas. Licenciouse en música no "Oberlin Conservatory of Music" (USA) e continuou os seus estudos xunto a Gustav Leonhardt no Sweelinck Conservatorium de Amsterdam. De 1990 a 1993 foi o asistente musical de William Christie e Les Arts Florissants, participando en numerosas gravacións e producións operísticas. Desde entón centrouse nos recitais de clave e música de cámara barroca, actuando nun gran número de festivais de todo o mundo, entre eles Nüremburg, Montpellier, Dijon, Innsbruck, Saintes, Lanaudière, Estrasburgo ou Ambronay.
Kenneth Weiss actua como solista xunto a Fabio Biondi e Europa Galante e xunto ao Collegium Vocale Ghent dirixido por Philippe Herreweghe e desde 2005 realiza numerosos recitais de J. S. Bach xunto a Fabio Biondi, no Festival Aix en Provence, e no Théâtre da Ville de Paris, entre outros.
En colaboración coa coreógrafa Trisha Brown, Kenneth Weiss é director musical do M.O., ballet da obra Musical Offering de Bach, cuxa primeira representación tivo lugar na Monnaie de Bruxelas. En 1999 foi invitado por William Christie para dirixir Les Arts Florissants en Doux Mensonges polo coreógrafo Jiri Kylian na ópera de Paris, unha produción que desde entón se representou dúas veces máis, en marzo de 2001 e febreiro de 2004. Kenneth Weiss foi co-director xunto a William Christie do programa de Les Arts Florissants Jardin des Voix en 2002, 2005 e 2007. Actualmente é profesor no Conservatorio de Paris e foi nomeado recentemente profesor de clave na Julliard School of Music de New York.