Portal de tu Ciudad Alta

07/04/2010

THE ATTENTION

📍 Sala NASA Cabo Sam Lourenzo 51-53.

🎟️ 12 € | Adiantada (Embora, A Reixa, Discos Gong): 10 € | Tripulación: 6 € - Por Internet: 10 €

Cando escoitamos a estes cinco austríacos amantes do r&b e o garaxe, as primeiras referencias que nos veñen á cabeza son inevitablemente os seus compatriotas Jaybirds. Coma eles, saben combinar perfectamente as doses requeridas de coraxe, actitude, enerxía e elegancia para unha banda MOD con maiúsculas. Unha posta en escena impecable e un repertorio no que mesturan con mestría clásicos do r&b e temas propios, fan de The Attention un dos grupos con maior proxección na escena mod actual, unha viaxe sen retorno ás entrañas do mítico Crawdaddy, r&b de alta escola executado con solvencia. Esta é a súa segunda xira pola península para presentar o seu primeiro LP con Screming Apple.