Portal de tu Ciudad Alta

11/04/2010

JOSELE SANTIAGO E PABLO NOVOA

📍 Sala NASA Cabo Sam Lourenzo 51-53.

🎟️ 12 € | Adiantada (A Reixa): 10 € | Tripulación: 6 € - Por Internet: 10 €

Horario : 20:00

Josele Santiago é compositor, cantante, letrista e guitarrista. Esa é a súa profesión e dedicado a isto leva vinte anos. Primeiro foi con Los Enemigos, banda que publicou catorce discos en dezasete anos de vida, e agora coa súa carreira en solitario, con tres discos publicados ata o momento: Las golondrinas etcétera (2004), Garabatos (2006) e Loco encontrao (2008). O traballo demostrou que o modelo de castizo crooner que se inventou ao comezar en solitario era un traxe feito á súa medida. Josele é un desess escasos ejemplos de artista persoal, imaxinativo e honesto, que emana pureza e coerencia. Un tipo que se fixo unha carreira intachable que, con cada referencia e tamén con cada actuación ao vivo vaise elevando á categoríaa de exemplar.


Pablo Novoa incorporouse como guitarra ao grupo vigués Golpes Bajos, no que estivo ata a súa disolución en 1986. En 1993 incorporouse ao grupo La Marabunta, no que participou ata 1997. Entre 1998 e 1999 foi responsable da dirección musical do programa Xabarín Club da TVG. A partir de entón, dedicouse á produción e á colaboración con outros músicos, así como á composición de varias bandas sonoras, destacando a curtametraxe Pamela e a longometraxe Incautos. En 2003 publicou o seu primeiro disco en solitario Novoa cruza el Atlántico no selo Subterfuge Records.

Os dous aniñan a cotío por Malasaña e as toman no bar de Nacho Mastretta, na Calle del Pez. Colaboraron en varios discos e centos de concertos. Agora crúzanse de novo e deciden compartir furgoneta. Que van tocar? O que lles saia das guitarras. Pero será bó, de certo.