09/04/2010 – 10/04/2010
LA MACANA
📍 Sala NASA Cabo Sam Lourenzo 51-53.
🎟️ 9 € | Reducida (Est/parad/xub/discap): 7 € | Tripulación: 5 € - Por Internet: 8 €
Horario : 21:30
Creación e interpretación: Caterina Varela, Alexis Fernández. Música: Vítor Joaquim. Ilumanción: Octavio Mas. Asistencia de dirección: Claudia Faci. Videocreación: Masako Hattori. Vestiario: Irena Sanjuan.
La Macana é unha compañía de danza formada no ano 2009 na Coruña, da man dos creadores e intérpretes Caterina Varela (A Coruña, 1983) e Alexis Fernández (Santiago de Cuba, 1975), que despois de traballar xuntos en diferentes compañías como Experimentadanza, Centro Coreográfico Galego e Entremans, deciden asumir de maneira indepedente o seu labor creativo. Para a compañía Entremans, cofundada por Alexis Fernández, asinan o seu primeiro traballo como dúo, a peza VEN, estreada en marzo de 2008 en La Habana, coa que conseguen o 1º Premio, Premio del Público y Premio de la Crítica no Certamen Coreográfico de Madrid, no ano 2008. Esta peza mostrouse en diferentes cidades de España, Cuba, Alemaña, Suecia, Brasil, Francia, Portugal, Italia e Luxemburgo.
A primeira peza de LA MACANA, como produción propia, é SHURE PG48, peza creada e interpretada por eles mesmos, que conta cunha residencia de creación, en outono de 2009, en Espaço do Tempo (Montemor o Novo, Portugal). Shure PG48 nace como idea no ano 2007, dentro dun obradoiro de improvisación que Caterina Varela realiza con Guillermo Weickert, creador e intérprete, e Vítor Joaquim, músico, quen rematado o obradoiro compón The Devil is in the Detall, con voz de Caterina Varela, peza que acabará sendo a banda sonora de Shure PG48. Alexis Fernández súmase a esta idea gracias a un segundo obradoiro con Claudia Faci, no que se debuxa por primeira vez a súa estrutura. A peza inclúe a linguaxe de signos como ferramenta de movemento e para poder facer accesible o texto falado ás persoas xordas.