15/04/2010
JUGOPLASTIKA+MARYLAND+IGLOO
📍 Sala NASA Cabo Sam Lourenzo 51-53.
🎟️ 10 € | Adiantada (A Reixa, Discos Gong): 5 € | Tripulación: 5 € - Por Internet: 5 €
Horario : 21:30
Detrás de Ernie producións está Josiño Carballo, que fora quinto membro dos Free Serena, quen se ocupaba de atopar locais para tocar, organizar xiras, prestar a furgo, perseguir xornalistas, meter ao grupo en festivais... Con toda esa experiencia acumulada durante anos, e despois da separación do grupo, crea a produtora no ano 2004. O seu primeiro grupo foi Holywater, despois virían Jugoplastika, Igloo, Niño y Pistola, Nadadora e Portrait, os primeiros festivais itinerantes e Ernie, a organización do festival Lolapop, os grupos internacionais... Agora Ernie recala nas augas da NASA para presentarnos algúns dos seus grupos.
http://www.myspace.com/ernieproducciones
Maryland foron finalistas de concursos como o Grupo Revelacion Nacional 2009 do festival Contempopránea, o Queixo Maquetón de Arzúa ou o Nsaio no Camiño. Pero eles saben que o que de verdade importa son as boas cancións, e o grupo tenas, como demostran no seu primeiro disco, Surprise, cheo do pop de guitarras máis energético, que por momentos se achega ao Boise ou ao power-pop, un son alleo a modas e tendencias.
Jugoplastika é un grupo galego-madrileño de Indie-rock que se formou en 2003. Tras algunhas maquetas, unha delas gravada nos estudios de Paco Loco, e moitos concertos, mesmo en festivais como o Festimad 2005 ou o FMIC 2005, ficharon por Junk Records, que publicou o seu primeiro disco. Despois publicarían o segundo con Astro Discos, producido tamén por Paco Loco e pasterizado por Nathan James en Nova York