18/04/2010
BRANCA NOVONEYRA
📍 Sala NASA Cabo Sam Lourenzo 51-53.
🎟️ 7 € | Tripulación: 5 € - Por Internet: 7 €
Horario: 20:00
Dirección e coreografía: Kirenia Martínez. Interpretación e textos: Branca Novoneyra. Música: Isaac Garabatos e Jesús Andrés Tejada. Vestiario: Nieves Sierra. Duración: 30 minutos.
Game Over é unha peza na que a bailarina Branca Novoneyra, autora do libro Dentro do Labirinto publicado en Espiral Maior, traza un percorrido seguindo a orde dos poemas que o lector atopa na obra. A coreógrafa Kirenia Martínez dirixiu esta viaxe na que a escritora entra dentro do seu labirinto transformado nun videoxogo. Nel, a intertextualidade entre o movemento e a poesía chegan ó límite buscando unha saída.
Kirenia Martínez é coreógrafa, bailarina e actriz. Formouse na Escola Nacional de Arte de La Habana. Participou en numerosos proxectos e festivais de carácter internacional. Integrante da Cía. Entremáns, foi bailarina de Danza Teatro Retazos (Cuba) e do Centro Coreográfico Galego. Ven de dirixir Kyra, o proceso de investigación coreográfica que pechou a última tempada do Centro.
Branca Novoneyra é bailarina e coreógrafa. Posgraduada en Arte Dramático pola Universidade de Santiago de Compostela e Diploma de Estudios Avanzados en Didáctica da Educación Artística pola Universidade de Granada. Dende o 2002 colabora con poetas, músicos e vídeoartistas en proxectos interdisciplinares. No 2008 estrea Nexus 6, primeiro longo que dirixe.Escribe para diferentes revistas especializadas sobre historia e poética da danza. No 2009 publica en Espiral Maior o poemario Dentro do Labirinto.