Portal de tu Ciudad Alta

23/04/2010 – 25/04/2010

UXIA P. VAELLO

📍 Sala NASA Cabo Sam Lourenzo 51-53.

🎟️ 9 € | Reducida (est/parad/xub/discap): 7 € | Tripulación: 5 € - Por Internet: 8 €

Horario : 21:30
*domingo 25 de abril ás 20,00 h.

Uxía P. Vaello desenvolve o seu traballo en danza contemporánea en Galicia dende 2007, tra-la súa volta de Lisboa, onde cursou estudos de danza na "Escola Superior de Dança de Lisboa" (2000-2006). En solitario creou "Arder nun Hotel" (2007) e en colaboración con outros artistas: "Play" (2008) e "Rewind" (2009), duas pezas de teatro-danza con Borja Fernández, e "Assemblage" (2009), coa compañía andaluza Bikini.ducc., dirixida por Guillermo Weickert O traballo de Uxia P. Vaello foi presentado en Santiago de Compostela, Lisboa, Madrid, A Coruña, Barcelona, Sines, Sevilla, Porto. traballou como profersora e coreógrafa no Espazo de Danza da Universidade de Santiago de Compostela, para o cal creou "Cun par de Takóns!".


Fai pouco máis dun ano, as bailarinas e coreógrafas Uxía P. Vaello (Galicia), Laura Lizcano (Andalucía) e Rafaela Salvador (Portugal), mergulláronse nun proxecto que tiña como tema central a imaxinación, entendida como a sucesión ou movemento de imaxes. Ao longo deste proceso, a participación de Rafaela Salvador viuse comprometida, tendo finalmente que renunciar á súa participación no espectáculo. Laura Lizcano e Uxía P. Vaello continuaron coa pesquisa cun novo compromiso: imaxinar que Rafaela seguía aí, na escea, con elas. Para comezar a “proxectar a súa imaxe ata o palco” comezan por concentrarse na súa descrición física… A fotografía de Nuno Tavares (Portugal) e a música de Paco Lamato e Bikini Red serven de fío condutor no percorrido pola paisaxe de Assemblage, que se desdobra e deixa ao descuberto novos segredos mentres as intérpretes van afondando na súa tentativa de reconstrución dunha “imaxe que axude a resolver todo isto”, ou polo menos, que sirva de detonante para disparar a viaxe persoal de cada espectador polo seu propio imaginario.