30/04/2010 – 01/05/2010
DAVID LOIRA
🎟️ 9 € | Reducida (est/parad/xub/discap): 7 € | Tripulación: 5 € - Por Internet: 8 €
Horario : 21:30
David Loira estudia Educación Física e deportiva, acrobacia, danza e teatro. Unha vez licenciado continúa a súa formación en Londres na London contemporary Dance School e durante un ano especialízase en danza contemporánea e coreografía. De volta a Gañliza pasa a formar parte de Caramuxo Teatro, sen deixar de asistir a cursos de diferentes estilos de danza, butho, comedia dell ´arte, improvisación, creatividade… No verán de 2004 forma a compañía Pisando ovos, xunto con Rut Balbín, coa que recibiron numerosos premios e participaron en importantes festivais. As súas obras combinan a danza con outras dimensións artísticas como o teatro, a improvisación, o contact. Este é o seu primeiro traballo ensolitario.?
Relacionando unha temática sobre identidade sexual (conciencia de pertencer a un sexo) e unha temática floral, desenvólvese a idea dun corpo masculino en coma, un gran misterio. Como unha renuncia e liberación da identidade. Porque a inmobilidade dun Corpo en coma pode lembrar o movemento dunha flor, que é un movemento interno provocado polos alentos, un movemento do espírito. Da mesma maneira, nun Corpo en coma existe un ovemento provocado polas esperanzas e paixóns dos que están arredor, polo paso do tempo. Como ocorre cunha flor que nos convida a mirala, a collela e a levala mentres ela permanece indiferente coma un Corpo en coma.